A MIN NON ME COMAS - GALEGO
Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta. Mirou cara alí, pero só viu unha sombra..
Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta. Mirou cara alí, pero só viu unha sombra...Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun...MONSTRO! Para superar os medos é preciso enfrontarse a eles, e iso é o que fai o protagonista deste conto. Despois dunha delirante sucesión de acontecementos na que o osiño, o can, o seu irmán e a súa tía non saen moi ben parados, Mateo é quen de encararse ao monstro e poñer a familia a salvo. Un álbum que combina o medo e o humor a partes iguais.